Amosando publicacións coa etiqueta animación á escritura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animación á escritura. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de maio de 2026

Dicionario artístico

Presentamos o libro de produción propia que se deriva do PDI Marabillarte.

Un dicionario que acolle vocabulario relacionado coas sete artes e que pasará a formar parte do oco 4 da CDU da biblioteca, producións propias, despois de ser encadernado e catalogado.

A seguir marabillándose coas sete artes!

xoves, 14 de maio de 2026

GaliLetras 2026

Presentamos, no Mes das Letras, o libro de produción propia no que a escritura creativa: narración, poesía, banda deseñada... reforza o uso da nosa lingua nai, de recursos como a mesa de luz e de espazos como a aula croma.

Parabéns por tanta imaxinación e creatividade, un libro para... MARABILLARTE!

luns, 27 de outubro de 2025

XVI Lecturas Terroríficas na biblio 2025

 

Celebramos a chegada do Samaín coa XVI Semana das Lecturas Terroríficas na biblio.

Producións propias e alleas que se representarán ao longo da semana no escenario da nosa biblioteca, dinamizando a lingua, animando á lectura e á escritura, conmemorando.

A música, o cine e a literatura como artes a tratar, atendendo ao PDI que nos ocupa.

Recomendamos visitar os blogs de ciclo para coñecer e saber máis sobre cada actuación.

Unha semana de cantos e contos para pasalo... de medo!

martes, 14 de outubro de 2025

Proposta de actividades 2024-25

Premer na imaxe para acceder ao documento

Presentamos a proposta de actividades en relación co novo Proxecto Documental Integrado que inicamos no presente curso, "Marabillarte". Unha proposta que recolle actividades anuais e trimestrais, entre as cales destacamos as propostas de cada ciclo en relación con conmemoracións varias.

Actividades como os nosos Laboratorios de Aprendizaxe, nos que o uso de espazos e recursos creativos da Biblioteca Escolar-LeoLab son un privilexio ao que non podemos renunciar: metodoloxías activas nas que o alumnado é protagonista das súas aprendizaxes, non sendo o libro de texto a única fonte de consulta nin a aula ordinaria o único espazo educativo.

Ao tempo, a proposta acolle actividades sistematizadas e que nos son propias: dinamizando a linguaanimando á lectura, á escritura, a creación de producións propias e facilitando/favorecendo a búsqueda, tratamento e comunicación ética da informaicón, xunto co coñecemento e uso dos fondos da nosa biblio (novidades, teatro, banda deseñada, ensino...), entre outras.

Un novo curso para seguir lendo, escribindo... informándonos!