Amosando publicacións coa etiqueta be-leolab. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta be-leolab. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de outubro de 2025

Proposta de actividades 2024-25

Premer na imaxe para acceder ao documento

Presentamos a proposta de actividades en relación co novo Proxecto Documental Integrado que inicamos no presente curso, "Marabillarte". Unha proposta que recolle actividades anuais e trimestrais, entre as cales destacamos as propostas de cada ciclo en relación con conmemoracións varias.

Actividades como os nosos Laboratorios de Aprendizaxe, nos que o uso de espazos e recursos creativos da Biblioteca Escolar-LeoLab son un privilexio ao que non podemos renunciar: metodoloxías activas nas que o alumnado é protagonista das súas aprendizaxes, non sendo o libro de texto a única fonte de consulta nin a aula ordinaria o único espazo educativo.

Ao tempo, a proposta acolle actividades sistematizadas e que nos son propias: dinamizando a linguaanimando á lectura, á escritura, a creación de producións propias e facilitando/favorecendo a búsqueda, tratamento e comunicación ética da informaicón, xunto co coñecemento e uso dos fondos da nosa biblio (novidades, teatro, banda deseñada, ensino...), entre outras.

Un novo curso para seguir lendo, escribindo... informándonos!


luns, 22 de setembro de 2025

PDI "Marabillarte"

 
Premer na imaxe para acceder ao proxecto

Novo curso e... nova aventura competencial, afectiva e creativa! 

Iniciamos o curso 2025-26 cun novo Proxecto Documental Integrado (PDI): "Marabillarte". O título do PDI, composto polo verbo “marabillar” e o substantivo “arte”, busca que a comunidade, co alumnado como protagonista, se sorprenda, admire as 7 artes mediante procesos de investigación e tratamento da información que amplien o coñecemento propio e alleo.

A arte definida como cada un dos dominios en que o ser humano pode pór en práctica a súa capacidade creadora con fins estéticos: literatura, arquitectura, escultura, pintura, música, danza e cine.

Adoptamos as célebres citas de Paul Klee (pintor),

“A arte non reproduce o visible. Fai visible aquilo que non o é”,

e de Jean-François Lyotard (filósofo posmoderno),

“A educación é a arte de facer visibles as cousas invisibles”,

para pór o acento na necesidade de desenvolver o pensamento crítico, empático e creativo, para interpretar a realidade e comprendela mellor, para seguir descubrindo o mundo que nos rodea, e as marabillas que nos ofrece, mediante as múltiples artes e o poder transformador da educación.

Seguimos na procura do obxectivo 4 da Axenda 2030, educación de calidade, mediante o tratamento curricular de carácter transdisciplinar e transversal do presente PDI. O PDI como alicerce para o uso dos espazos e recursos creativos da nosa Biblioteca-Leolab, onde seguir lendo, investigando, experimentando, vivenciando, compartindo, convivindo…, dando tratamento a diversos obxectivos da Axenda 2030: saúde e benestar emocional, igualdade de xénero, paz, comunidades sustentables, accións polo clima, vida mariña e terrestre…

Un PDI para... MARABILLARTE!