Amosando publicacións coa etiqueta mes das letras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mes das letras. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de maio de 2026

Festival das Letras 2026

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Un curso máis e como xa é tradición, celebramos o Festival das Letras 2026. Actuacións de todos os grupos-aula en relación co PDI que nos ocupa, Marabillarte, ou con Begoña Caamaño a quen se lle adica o Día das Letras Galegas.

Feliz Día das Letras Galegas, todos os días do ano!

3º_Festival das Letras: Marabillarte!

No día de onte, celebramos o Festival das Letras 2026 no cal presentamos as sete artes que acolle o PDI de centro, Marabillarte, e visionamos a peza audiovisual que creamos para o DichoLeo 2026.

Feliz Día das Letras Galegas, valorando e coidando da nosa lingua todos os días do ano.

xoves, 30 de abril de 2026

AS NOSAS LETRAS: Begoña Caamaño

 

Última exposición do curso, AS NOSAS LETRAS!, adicada a Begoña Caamaño homenaxeada do Día das Letras Galegas 2026.

Begoña foi xornalista, escritora e activista, mobilizándose sempre en defensa dos dereitos e das causas xustas. Muller que é imprescindible coñecer, xunto coas súas obras: Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle. Conmemorando a escritura en galego, a lectura, en palabras de Begoña Caamaño:

"Leo porque quero cambiar o mundo,

leo porque necesito facer habitable o meu mundo.

Entón, por que escribo?

Porque sentín a necesidade de me ler a min mesma”

Achegamos enlaces a recursos en liña para afondar na súa vida e obra:

Ao tempo, compartimos os dez carteis que chegaron ao centro para conmemorar as Letras Galegas 2026, carteis e guía didáctica elaborada polo colexio Plurilingüe de Ribadavia que gañou o certame convocado pola Xunta coa proposta Begoña Caamaño, un camiño de sementes.

Leo anímate a... marabillarte con Begoña Caamaño!


xoves, 23 de abril de 2026

Día do Libro 2026

 

Conmemoramos o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor 2026 coa exposición temporal que acolle o lema da Asesoría BEGA, Viaxe á creatividade. 

Unha exposición a disposición da comunidade con diversidade de exemplares que animan a emprender unha viaxe en cada lectura: viaxes creativas, humorísticas, emotivas, lúdicas, informativas...

Achegamos enlace á Postal do Día do Libro 2026, agasallo de Eva Mejuto para as bibliotecas escolares de Galicia celebrando o libro e a lectura. Premer na imaxe para acceder á publicación da Asesoría BEGA.

Felices lecturas, hoxe e todos os días do ano!

Lecturas como as que realizaron os grupos-aula pola vila de Malpica, para exercer o dereito a ler en claquera sitio, divulgando a lectura e o libro. Premendo nos seguintes enlaces accederedes ás publicacións realizadas nos blogs de ciclo, lectura na rúa e merenda saudable: