xoves, 23 de abril de 2026

Día do Libro 2026

 

Conmemoramos o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor 2026 coa exposición temporal que acolle o lema da Asesoría BEGA, Viaxe á creatividade. 

Unha exposición a disposición da comunidade con diversidade de exemplares que animan a emprender unha viaxe en cada lectura: viaxes creativas, humorísticas, emotivas, lúdicas, informativas...

Achegamos enlace á Postal do Día do Libro 2026, agasallo de Eva Mejuto para as bibliotecas escolares de Galicia celebrando o libro e a lectura. Premer na imaxe para acceder á publicación da Asesoría BEGA.

Felices lecturas, hoxe e todos os días do ano!

Lecturas como as que realizaron os grupos-aula pola vila de Malpica, para exercer o dereito a ler en claquera sitio, divulgando a lectura e o libro. Premendo nos seguintes enlaces accederedes ás publicacións realizadas nos blogs de ciclo, lectura na rúa e merenda saudable:

martes, 7 de abril de 2026

Exposición 3º trimestre: concienciARTE!

 
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos a exposición do 3º trimestre, a disposición de tod@s. Unha exposición que acolle exemplares para valorar o medio que nos rodea, coñecer como coidalo e mesmo crear arte... reciclando!

Concienciar na importancia de valorar e coidar o noso, lendo para informarse e facer, ademais de ser e saber.

Máis recursos (in)formativos para toda a comunidade. Leo quere... concienciarte!

venres, 6 de marzo de 2026

Exposición 8M: Galegas nas artes

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos a nova exposición temporal, Galegas nas artes, con diversidade de recursos bibliográficos para dar apoio á proposta de actividades relacionadas co PDI de centro, concretamente á Semana da Muller 2026.

Os grupos-aula contan con exemplares para informarse, para investigar arredor dunha muller galega destacada nalgunha das sete artes e redactar a súa biografía, proposta esta do equipo de 2º ciclo de educación primaria.

Muller, Galicia e Arte conforman o trío protagonista para conmemorar o 8M.

xoves, 5 de marzo de 2026

Día das Artes Galegas 2026: José Suárez

Premer na imaxe para acceder ao documento

Seguindo o PDI de centro, conmemoramos o Día das Artes Galegas 2026. Este ano adicado a José Suárez, fotógrafo e cineasta galego para coñecer e valorar.

Premendo na imaxe accederedes ao documento no que se inclúe biografía, fotobiografía e actividades para iniciar a actividade proposta polo 3º ciclo de primaria: crear con diversas técnicas plásticas unha das súas fotografías, tal como fixeron @s cativiñ@s de 4º de infantil.

Leo anímate a... crear con José Suárez!

luns, 23 de febreiro de 2026

AS NOSAS LETRAS: Rosalía de Castro

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Conmemoramos o Día de Rosalía de Castro coa exposición AS NOSAS LETRAS, exposición trimestral que acolle exemplares de diversas autorías galegas.

Exposición da que o alumnado de 4º de infantil fixo bo uso, celebrando o Día de Rosalía e desenvolvendo a biografía da autora en relación coa Semana da Muller 2026, adicada a mulleres galegas relevantes en diversas artes, e o PDI que nos ocupa.

Premer na imaxe para acceder a máis información

Ao tempo, o alumnado de 3º de primaria realizou a proposta do equipo de BE-DL espallando a escrita de Rosalía de Castro.

Feliz Día de Rosalía, hoxe e todos os días do ano!

martes, 17 de febreiro de 2026

Entroido 2026: EntroidARTE!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

EntroidARTE! foi o lema elexido para celebrar o Entroido 2026. Un Entroido adicado ao PDI de centro, onde as artes protagonizaron o desfile no pavillón municipal, por mor das condicións meteorolóxicas.

Literatura, pintura e música foron as artes representadas polos grupos-aula. Un desfile do máis colorido e musical.

Feliz Entroido a tod@s!

xoves, 12 de febreiro de 2026

Día Mundial da Radio 2026

Celebramos o Día Mundial da Radio cun programa moi especial en relación co noso PDI "Marabillarte".

O alumnado de 5º de primaria dá voz a diversos/as personalidades das artes galegas.

Esperemos que vos guste e feliz Día da Radio.