luns, 23 de febreiro de 2026

AS NOSAS LETRAS: Rosalía de Castro

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Conmemoramos o Día de Rosalía de Castro coa exposición AS NOSAS LETRAS, exposición trimestral que acolle exemplares de diversas autorías galegas.

Exposición da que o alumnado de 4º de infantil fixo bo uso, celebrando o Día de Rosalía e desenvolvendo a biografía da autora en relación coa Semana da Muller 2026, adicada a mulleres galegas relevantes en diversas artes, e o PDI que nos ocupa.

Premer na imaxe para acceder a máis información

Ao tempo, o alumnado de 3º de primaria realizou a proposta do equipo de BE-DL espallando a escrita de Rosalía de Castro.

Feliz Día de Rosalía, hoxe e todos os días do ano!

martes, 17 de febreiro de 2026

Entroido 2026: EntroidARTE!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

EntroidARTE! foi o lema elexido para celebrar o Entroido 2026. Un Entroido adicado ao PDI de centro, onde as artes protagonizaron o desfile no pavillón municipal, por mor das condicións meteorolóxicas.

Literatura, pintura e música foron as artes representadas polos grupos-aula. Un desfile do máis colorido e musical.

Feliz Entroido a tod@s!

xoves, 12 de febreiro de 2026

Día Mundial da Radio 2026

Celebramos o Día Mundial da Radio cun programa moi especial en relación co noso PDI "Marabillarte".

O alumnado de 5º de primaria dá voz a diversos/as personalidades das artes galegas.

Esperemos que vos guste e feliz Día da Radio.

venres, 30 de xaneiro de 2026

EmocionARTE pola Paz!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Premer na imaxe para acceder ao documento

Conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz coa proposta do equipo de biblioteca-dinamización da lingua: emocionARTE pola Paz!

Unha proposta encamiñada a dar tratamento ás emocións en relación coas 7 artes que presiden o PDI de centro: Marabillarte. Proposta que recolle múltiples recursos dixitais para coñecer, investigar e informarse mediante o mural que preside o corredor do 1º andar e a enquisa en liña para realizar as valoracións finais mediante emoticonas.

A conmemoración completouse coa actuación, na nosa biblioteca, do alumnado de 3º de primaria. O coro das emocións, enmarcado dentro do programa Educación Responsable e dirixido polo mestre de Música, Keko, emocionou a pequen@s e maiores. Parabéns pola emotiva actuación!

Seguimos poñendo o acento nas emocións e nos valores da cultura da paz, educando por e para a paz todos os días do ano, fuxindo da polarización e da pasividade, crendo en comunidades éticas e cívicas.


venres, 9 de xaneiro de 2026

Exposición 2º trimestre: emocionARTE!

 
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos a exposición do 2º trimestre, a disposición de toda a comunidade. Exposición que acolle exemplares diversos relacionados coa necesidade de emocionarse, do necesario tratamento de valores cívios, de convivencia e paz.

Exemplares que complementan a actividade proposta, en relación co PDI que nos ocupa, polo equipo de biblioteca-dinamización da lingua: emocionARTE pola Paz!

Un trimestre máis achegamos recursos bibliográficos á comunidade para seguir informándose, formándose, investigando... Recursos de alto valor educativo e formativo.

luns, 15 de decembro de 2025

Guía de Nadal 2025

Guía de Nadal 2025_BE Milladoiro de Fátima Romero Olveira

Un ano máis chega a guía de Nadal. Unha guía que recolle lecturas diversas para lectores/as divers@s.

Un Nadal cheo de palabras. Lecturas que acollen palabras emocionantes, divertidas, curiosas, rebuldeiras para compartir, informarse, rir...

A seguinte imaxe reflicte a exposición de Nadal, a cal acolle máis lecturas para agasallar.

Regalos para este Nadal ou calquera día do ano.